Título del Libro: Unha Viaxe No Ford T (premio Garcia Barros 2004)
Autor:
Descripción del Libro: Premio de Novela García Barros 2004, Unha viaxe no Ford T é unha novela na que viaxes, amor, e tecen unha abigarrada e vivaz trama de intereses e paixóns onde se ve apreixado o protagonista, un fotógrafo free lance. Unha viaxe no Ford T ten unha de ritmo áxil e accións desencadeadas coa que logra manter o interese do lector ou lectora ata o final. A personalidade literaria de Ernest Hemingway e as súas viaxes a Galicia son o marco literario no que se desenvolve a historia que Xerardo AgraFoxo conta en Unha viaxe no Ford T. Logo da súa estadía na Finca Vigía, a casa que o escritor norteamericano posuía en Galicia, un fotográfo descobre casualmente varias pistas que o levan a coñecer a historia de amor vivida por Hemingway en Galicia nos seus tempos de xornalista. De aquí parte a novela de AgraFoxo para ir desenvolvendo, cunha sorpresa despois doutra, unha narración na que o misterioso atractivo dunha muller vai agochar a cara oculta dunha paixón. Narrada cunha directa que conquista e atrapa, esta novela é a confirmación dun escritor con oficio e pulso literario de seu. O Premio García Barros volve enriquecer o panorama narrativo galego coa obra dun escritor que renova o xénero da novela de viaxes. AgraFoxo, segundo palabras do xurado que lle outorgou este premio, xoga coas referencias culturais e fai un tratamento orixinal e moderno que sitúa a novela na encrucillada entre o local e o cosmopolita. Unha limpa, rica e vivaz, que fai que o lector ou lectora emerxa nunha trama insospeitada que mantén a tensión narrativa durante todas as páxinas da novela.

Adquiere este maravilloso libro de
Xerardo Agrafoxo Perez,
Unha Viaxe No Ford T (premio Garcia Barros 2004)
cliqueando aquí.

No hay etiquetas para este libro.