Título del Libro: Poesia
Autor:
Descripción del Libro: Ramón Otero Pedrayo, en edición de Xesús Alonso Montero, libro no que se recollen tanto poemas éditos coma inéditos do autor de “Bocarribeira”. A obra poética de Ramón Otero Pedrayo é unha obra rica e multiforme. Escritos entre 1925 e 1975, dos noventa e cinco poemas incluídos en Poesía, algúns moi extensos, vinte e cinco son inéditos. O libro recolle tamén poesía en castelán e poemas traducidos doutras linguas coma o latín, o francés e o alemán. Así e todo, e como advirte Alonso Montero na introdución, o volume “non ofrece a obra poética completa” de Otero Pedrayo aínda que recolla a totalidade dos poemas éditos e unha boa parte dos inéditos, pois non se inclúen poemas incompletos, ou en fase de borrador, do que é un corpus poético de manuscritos certamente grande. Trátase dunha compilación “representativa, no esencial, de Ramón Otero Pedrayo como ” xa que, como afirma Alonso Montero, “os textos que se exhumen no futuro limitaranse a reforzar e ampliar a figura e os acordes que o presente volume ofrece da súa poesía“. como celebración e homenaxe, como meditación diante da paisaxe; versos goliardescos e de amizade arrequentados polo galego esplendoroso e inesgotable do seu autor.

Adquiere este maravilloso libro de
Ramon Otero Pedrayo,
Poesia
cliqueando aquí.

No hay etiquetas para este libro.